Unidade didáctica

-->
baleadas
trasPediante

UNIDADE DIDÁCTICA ASOCIADA AO ESPECTÁCULO BALEADAS

1. Introdución.

O proceso de traballo e a posta en escea de Baleadas, caracterízase xirar en torno a 3 bloques temáticos relacionados coas áreas do curriculo escolar:

  • Ciencias: bioloxía e ecoloxía. Os cetáceos en Galiza
  • A literatura: Poesía contemporánea galega. Balea2. Análise do libro.
  • As Tic eo debuxo: A percepción humana. A achega da obra a estes elementos, parte do traballo coa imaxe, coas cores e o ritmo. Ademáis de facer unha introdución ao 3D, e os seus fundamentos neuronais.

Ademais, unha cuarta, a música. A música de Baleadas é inédita e foi creada por tres artistas galegos, a saber: Madamme, Ariel Ninas e non-ou. Se pode dispor do cd de audio cos temas musicais e cos testimonios das persoas entrevistadas.
  1. Breves apuntes antes de ver baleadas
Chégase ao coñecemnto de estes contidos visionando a obra a través da creatividade, do xogo, a intuición e non dun rigor académico propiamente dito.

O formato da obra e a súas repercusións pedagóxicas. Unha achega a creación escénica, e a danza contamporánea:

  • O inicio do proxecto, Celso Fernández Sanmartín fixo un obradoiro de nenas/os e ancianos/as nunha residencia de Lalín, onde conviviron unha semana a estudar e debuxar a Estevo Creus na barriga da balea, por textos de Poemas da cidade oculta. Deses debuxos Estevo Creus escribiu Balea2, deses textos nós creamos Baleadas, e introducimos na obra debuxos das nenas/os orixinais.
  • A dramaturxia. A propia obra, favorece a mente diverxente ao non tratarse dunha narración lineal. A dramaturxia constrúese a través do análise dos elementos, e o esamblaxe dos mesmos segundo as necesidades do ritmo, e favorecendo que a espectadora sexa activa/o na procura de significados propios. Os contidos narrativos, as veces, impiden a interpretación individual das sensacións e dos contidos tratados.
  • A música, na sua maior parte fíxose con piano preparado. Que se fixo famoso con John Cage. Poñer nas cordas do piano elementos, fai que estas sonen de diferentes xeitos. Poñer pinzas, moedas, plásticos, etc.
  • As danzas ou movementos da obra inspíranse en debuxos animados. Por exemplo skeleton dance de Disney (poñer a película 5'20'' http://www.youtube.com/watch?v=zoX_2DK1pTk). Outros movementos baseánse no estudo das conductas das baleas, :(as baleas saltan, e todo tipo de saltos:...). Por último os resto dos movementos traballáronse segundo a ferramenta utilizada, foron xenerados polos ritmos, cores, e trazos propostos na animación, ou ao revés, un movemento xeneraba un trazo un debuxo.







  1. Bloques temáticos.


Bloques temáticos, exercicios e escenas relacionadas na obra. Retomando os 3 bloques e afondando neles.

3.1. As TICs e o debuxo
A obra parte de premisas sinxelas, para semellar accesible a todo o mundo. O uso de Paint como ferramenta, e non querer ocultala na posta de escena, forma parte das propostas estéticas de Baleadas.

A dramaturxia da obra constrúese do máis sinxelo ao máis complexo en torno á percepción e o debuxo. Primeiro foi a liña en branco e negro, logo os cores, logo aparecería as liñas de cores e de todas as formas posibles, as letras como cores e movemento, e máis adiante a foto. Unha nova capa de realidade e de dimensión. Este plano é a 2 dimensión. Aparece un efecto que cambia a dimensión do plano bidimensional, cando a intérprete leva a palabra corpo escrita no seu brazo cara adiante. Máis adiante xa a aparece o 3D de anaglifo que xeneran as imaxes construidas en magenta e cian. E por último o efecto de saída absoluta do plano bidimensional no seu sentido espacial, cando mandan a proxección por todo o espazo.

As novas tecnoloxías introdúcense como un xogo máis, no que se ensamblan outros xogos. Retomamos o xogo de debuxar obxectos unindo puntos. E todo a través de outro xogo que sería o programa Paint, un programa convertido nun xogo de debuxo e de posibilidades. Unha ferramenta sinxela que todos temos na casa.

O anaglifo. As imaxes de anaglifo ou anaglifos son imaxes de dous dimensións capaces de provocar un efecto tridimensional, cando se ven con lentes especiais (lentes de cor diferente para cada ollo).


3.2.Literatura

Libros coas referencias bibliográficas.Leviatán o la ballena Philip HoareLos Balleneros en Galicia, Felipe Valdés Hansen
Ballenas y delfines, 100 cosas que deberías saber sobre. Editorial Susaeta

Libro de poesía Balea2.
Balea2 formou a base de traballo de contidos da obra. Ata agora falamos máis do formato da obra e das ferramentas. Sobre o contigo analizamos o libro e atopamos 3 bloques:

O humor, que chamamos citando palabras do poemario, “rebotar”. No poemario hai algunhas poesías que contan a historia de “Pistacho” un rapaz gordiño que escapa das baleas porque lle comen toda a comida. O libro utiliza ademáis moitos xogos de palabras no poemario “se ves unha balea non o penses, corre non mires atrás... xa verás que ben rebotas”.Nós asimilamos o xogo en aspectos xerais da obra, retomamos os xogos no debuxo, construir unha balea unindo puntos, xogar cun compañeiro a facerlle afondar na auga, xogar cun paliño a bailar, etc.

A metalinguaxe, o libro ten constantemente poemas autorreferenciais, sobre a propia palabra e a poesía. ??'chamamos?? “se é a palabra a que ocupa o meu corpo quen ocupa o meu corpo”, unha breve reflexión ao corpo movido pola palabra. Metalinguaxe, no noso caso, sería integrar algo que forma parte do propio soporte, por exemplo, facer referencia a unha palabra das ferramentas, cando unha bailarina sinala “rellenar” do Paint, ou cando se utilizan as medidas da regra do Paint, para atopar as gafas na ficción xerada en escea.

O vacío, a parte máis social e triste, que chamamos citando o poemario “resaca”. Aquí nos inspiramos nos poemas para xenerar escenas máis tristes, botar en falta a Balea. E no aspecto máis social da mesma, facemos a denuncia de que xa non quedan baleas e de que xa non queda costa sin estropear polo humano (aquí facemos un salto, por decilo dalgún xeito, á burbulla inmoviliaria), tomamos fotos das baleeiras vacías, e as testemuñas das persoas que traballaron na Baleira de Caneliñas. “ tantas casa contruiron por ir ver as baleas, que xa non ven” (fragmento Balea2).

3.3. As baleas, e as baleas en Galiza.
Destacamos datos sobre as baleas. Os datos son recollidos tanto da literatura coma dos testemuñas.
As baleas son mamíferos, coma nós. Teñen mans coma nós, pero viven na auga.
O corazón e grande coma unha silla grande sin respaldo.
Os tipos máis frecuentes en Galiza eran:
Nome local: Cachalote (PHYSETER MACROCEPHALUS)


Nome local: Rorcual común, balea de aleta (BALAENOPTERA PHYSALUS)

O SON DA BALEA
Thomas Beale, di que a balea posúe o maior sistema de sonido do mundo animal. Utiliza un tercio do seu corpo para emitir estruendosos clics cando cazas. Además utilizan o seu sonar para localizar a súas presas, e incluso cando é moi forte este son pode matar a súa presa.
Ademais producen estalos cando se contraen burbullas polas súas fosas nasais, o son que se produce cando o aire circula polas súas válvulas é como cando os humanos golpeamos a lingua contra o padal.
Os estalos pódense oír a varios quilómetros ( 200 db que pode viaxar 170 km pola capa profunda, pola canle sofar) son clave para a navegación e a comunicación entre elas. E cambian o tipo de son dependendo da comunidade, así tamén se recoñecen entre elas, coma se fosen nosos idiomas.
Non obstante o máis impresionante do son das baleas, é que segundo o Dr Roger Payne, emiten secuencias rítmicas de sons, longas e repetidas; os patróns duran aproximadamente 15 minutos, e logo repítese a canción completa, incorporan mesmo rima nas súas cancións, se a canción é complicada, fan rimas, cambian talvez só unha parte do principio do compás e manteñen a rima final. E ninguén sabe a razón exacta destas composicións.


MORFOLOXÍA
A palabra Cetáceo vén do grieto Ketos, monstro mariño.
Son os animais máis grandes que existen poden chegar a medir 30 metros. Son mamíferos como os humanos, así que teñen o interior igual, esqueleto, estómago, corazón, respiran, teñen mans, etc
Divídense en odontocetos, con dentes, e misticetos, con barbas. As barbas están feitas de Keratina, como a nosas uñas. Así absorben auga, e os peixes quedan na boca. En Galiza, ás máis frecuentes eran o rorcual común ( balea de barbas) e o cachalote ( de dentes)
A balea teñen un corazón tan grande como unha cadeira, é de lento palpitar, 10 latexos ao minuto. O humano ten uns 60 latexos por minuto. E unha musaraña cuxo corazón latexa mil veces por minuto vive só un ano.
As baleas gozan do contacto con outros corpos, pasan horas tocándose como nun ballet subacuático di Jonathan Gordon. Sempre están en movemento, nadan en orde como soldados de desfile, se sincronizan nas súas inmersións. Cando se senten atacados, colócanse todos en forma de margarida para protexer no medio as súas crías. Pero estas tácticas boa contra outros depredadores, facía que os homes lles fose máis doado cazas a moitas xuntas.
Mentres que nós aguantamos a respiración para mergullarse, as baleas gardan o oxigenoantes de somerxerse sobre 800 metros, cando se lles remata volven arriba a respirar conscientemente. Somérxense en forma de OU e exhala o aire polo espiráculo. Exhala sobre 370 litros de aire.
As baleas son xoguetonas, divírtense creando escuma, removendo a auga. Gústanlles os saltos, ninguén sabe porqué saltan realmente as baleas, moitos estilos: de costas, en prancha, saltitos, sen moito impulso, ou verdadeiras piruetas.

A CAZA DE BALEAS
Hai uns 1000 anos comezárouse a caza de baleas.
 As baleas cada ano fan un percorrido por todo o mundo, en verán van ás augas frías do norte e do sur, onde hai moito alimento, e en inverno volven aos trópico, onde hai menos comida, pero augas máis tanquilas e cálidas. En nestes recorrido que fan non moi lonxe das cotas tamén pasaban por Galiza, onde ás cazaban. levábanas a baleeira de Gures, ou de Cangas.
En 1986 decidiron prohibir a matanza de Baleas pois están en perigo de estinción. Hai paises que ainda hoxe seguen a cazar baleas, Noruega e Xapón.


No hay comentarios:

Publicar un comentario